Castellano

Benvido/a ao sitio web de Ovo Publicidade

Estamos en Pontevedra dedicándonos a esto da publicidade dende 2002. A axencia nacía daquela cunha inquedanza que non mudou cos anos: ofrecer unha visión nova da acción e do traballo publicitario. Para eso unha parte imprescindible e importantísima do proceso é o cliente. Con cada un deles establecemos unha relación única baseada, fundamentalmente, na confianza mutua.

Sabemos moi ben que hai tantos clientes coma persoas ou axencias de publicidade onde escoller. Vaia de antemán o noso agradecemento por escollernos para a túa visita virtual. Agardamos coñecerte pronto a ti, ao teu proxecto ou á túa empresa.

Axencia de servizos plenos

Ovo Publicidade é unha axencia de servizos plenos. Deseñamos a túa imaxe corporativa, facemos páxinas web, deseño editorial, produccións audiovisuais, publicidade gráfica en todos os soportes que imaxines e asesorámoste en calquera aspecto da comunicación da túa empresa. Xunto a estes traballos, Ovo ofrece tamén servizos de marketing externo e asesoramento publicitario para as empresas.

Quen somos

A axencia está conformada por un equipo de publicitarios novo e dinámico integrado por licenciados e licenciadas en Publicidade e Relacións Públicas. Esa é unha das bazas principais da axencia que ten ademais outro factor diferenciador: que a publicidade a fan profesionais que gozan facendo este traballo.